Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A exposición Barbie chega ao Centro Comercial Finisterrae

Exposicion Barbie Centro Comercial Finisterrae Cee
A exposición Barbie chega ao Centro Comercial Finisterrae

A espectacular exposición Barbie, Cine e Moda, chega ao Centro Comercial Finis Terrae de Cee. Do 3 ao 31 de maio de 2024 poderá visitarse gratuitamente a exposición que reúne máis de 200 bonecas Barbie de colección que recrean o mundo do cine e da moda. Están representadas películas para todos os públicos, dende as míticas, como Titanic, Gone with the Wind, The Birds, Grease, O mago de Oz... ata as máis modernas como Hunger Games, Eclipse, Divergent.

Coñeceremos a Johnny Deep e Penélope Cruz en Piratas do Caribe, a sexy Marilyn Monroe en The Temptation Lives Upstairs. A inesquecible Audrey Hepburn, en varias das súas películas máis coñecidas. Grace Kelly, Elvis Presley e Priscilla, Elizabeth Taylor, entre outros.

Dende o mundo da Moda, a exposición mostra a Barbie vestida por grandes deseñadores como Armani, Versace, Dior, Lagerfeld... E ofrece un instructivo percorrido pola moda a través dos tempos, Exipto, Grecia, Medieval, Renacemento, Barroco, ata a actualidade. día , cos grandes fitos do século XX, a saia maxi, a mini, a curta, etc.
Unha exposición única que fascinará a todos os públicos que contará ademais cun deseño realizado por Lorenzo Caprile.

Comentarios