Sábado. 18.05.2024
El tiempo

Muros impulsa a reforma da área recreativa do Pozo do Cachón

Reforma Pasarela dos Muino do Pozo do Cachon en Muros
Muros impulsa a reforma da área recreativa do Pozo do Cachón

O Concello de Muros vén de impulsar unha renovación do Muíño do Pozo do Cachón na parroquia de Serres, unha zona moi transitada e cun alto valor histórico e patrimonial.

O primeiro paso foi a renovación dunha das pasarelas de acceso. A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, estiveron na zona supervisando o remate dos traballos.
“Queremos acondicionar todo o espazo, impulsando o seu atractivo para veciños e visitantes, polo que continuaremos con outras actuacións na zona tras a renovación da pasarela”, engade a alcaldesa.
O Muíño do Pozo do Cachón de Muros, un dos máis importantes da Península, ten un uso cívico e cultural, e agora o concello quere poñer en valor a zona cun acondicionamento integral.
 

Comentarios