Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A Asociación Neira Marcos recibe o impulso municipal

Firma convenio Concello Vimianzo-Neira Marcos
A Asociación Neira Marcos recibe o impulso municipal

O Concello de Vimianzo asinou hoxe un convenio de colaboración coa Asociación Neira Marcos, da parroquia de Salto. O obxectivo principal é contribuír ao fomento e promoción da danza tradicional en Vimianzo, apoiando a esta asociación na organización de actividades formativas e lúdicas durante o presente ano 2024.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou que “colaboracións coma esta buscan a defensa e a promoción da cultura galega, neste caso a través da danza tradicional, elemento que ten un gran valor tanto a nivel cultural como de identidade do noso pobo”. Ademais, incide Rodríguez na importancia “de apoiar ao noso tecido asociativo, que axuda a dinamizar a vida no concello, programando ducias de actos cada ano para a veciñanza”.

Rehabilitación da Escola de Pasarela

Escola Pasarela rehabilitada

O Concello de Vimianzo completou esta semana a renovación de toda a carpintería exterior na antiga escola de Pasarela, na parroquia de Calo.
Esta actuación, que se enmarca dentro da programación de mellora de locais sociais e antigas escolas unitarias do Concello de Vimianzo, consistiu no cambio de
todas as portas e ventás das catro fachadas exteriores do edificio, mellorando considerablemente o seu illamento térmico e, como consecuencia, logrando un
aforro enerxético.
Precisamente co obxectivo de facer este edificio máis eficiente, está contemplado que proximamente se proceda ao tratamento e á impermeabilización das catro
fachadas dun edificio histórico da parroquia de Calo e do municipio de Vimianzo.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, fai fincapé na necesidade deste tipo de actuacións “que melloran as condicións de edificios históricos que merecen ser conservados”. Engade que “a veciñanza de Pasarela contará dende agora cun local mellor illado tanto da humidade como da temperatura para realizar actividades”.

Comentarios