Sábado. 18.05.2024
El tiempo
Nando Lestón
10:18
04/05/24

Matermateria

Na guerra non se mata..quítase a vida. Case todo o que ten vida, nun conflicto bélico, sofre unha catarse existencial ou vese abocado a desaparición ou sufrimento. Á desaparición porque se morre, ao sufrimento porque se queda vivo cos ausentes eternos.

Imaxino aos rusos dende La Madre Rusia atravesando montes e prados. Estradas e piñeirais, herbais e veigas ou soutos. Todo o que queda debaixo das rodas dun "blindado" faise puré ou lama. Non existe.

As guerras e conquistas son un auténtico estropicio. A famosa frase "dun elefante nunha cacharrería" queda curta, a sabendas de que o elefante o único que fai é ruído.

As bombas e misiles e prexectís e campos minados, todo preparado para a destrución e aniquilación do "outro" ao que case seguro era a primeira vez que o vía. En fin, foi mirar para el e pegarlle un tiro.

As guerras e conquistas semellanse bastante, xa que nas dúas o resultado ven a ser o mesmo: un gaña e outro perde... un conquista e outros son conquistados.

Nada novo, os homes xogando a vaqueros nunha sorte de aniquilación a escala planetaria que comenzou con Caín e Abel. Un irmán quitándolle a vida a outro...

O famoso Xerxes, rei da Persia, segundo Herodoto, campaba con perto de 2.000.000 de soldados para invadir e escarmentar a Grecia; iso sen contar con toda a continxencia de prostitutas, carpinteiros, ferreiros, panadeiras, encuiradores, esclavos e demais prole "imprescindible" para abastecer semellante marabunta de xente que cagaban e mexaban "de campo", todos menos a sua ilustrísima e reverendisima deidade que era o tal Xerxes.

Chegaban así, e digo, segundo o historiador, a perto de 5.000.000 de almiñas. Herodoto conta que, segundo avanzaban, homes e bestias secaban os ríos e aniquilaban as praderías.

Un efecto indeseado e que nunca se ten en conta nunha guerra é esa devastación en paralelo que se produce contra todo ser vivo; dá o mesmo que sexa un topo que unha mariposa. Dan o mesmo os animais que habitan bosques que mares nunha guerra naval; todo é aniquilado.

A paisaxe tamén é transformada polas guerras.

Entre os séculos XVI e XVIII a Real Armada española foi o maior axente transformador da paisaxe. Había que construir navíos e galeóns para os delirios de conquista e defensa das costas españolas, que daquela todo quisque deforestaba o que tiña; franceses e ingleses facían o mesmo.

"En total,na montaña pasiega estímase que se talaron 10.000.000 de árbores. A extracción da madeira fui destinada a os Reales Asteleiros de Guarnizo e a os fornos das Reais Fábricas de Liérganes e a Cavada,adicadas á fabricación de pezas de artillería e munición. A produción dun cañón de duas toneladas consumía a madeira de 2,5 hectáreas de bosque, explica Carlos Sánchez da Fundación Natureza e Home.Só entre 1720 e 1770,en Guarnizo construíronse 15 paquebotes, 36 navios, 23 fragatas, 3.000 cañóns e 3 galeóns, arrasando 50.000 hectáreas de bosque" (ABC 13/1/2015) .

En fin...

Son as guerras pois, consumidoras natas de materia prima. Un choio, un negocio para o vendedor.

Non se me escapa pois pensar que para as guerras modernas hai que extraer aceiro, ferro, aluminio, plutonio dese enriquecido mais tamén do probe, plástico, goma, madeira e eu que sei cantas cousas máis. Extraen toda esa materia prima dun planeta esgotado e pacífico, para matar, aniquilar e facer desaparecer todo o que se menea. Son consumidores destas materias que ben se podían adicar ao ben común.

Imaxinade canto aceiro e ferro para un portavións américano. Canto para tornillos e remaches. Cañóns, maquinaria, estrutura blindada e mesmo pintura. Radares, misiles, avións de guerra... todo para quitar vidas. Vidas que nin sequera coñecen.

O máis curioso é que unha vez destruído todo, barcos e submarinos no fondo do mar, podrecendo e enchendo de ferruxe ese enorme salgaduiro que é o mar, NADA SERVE, NADA SE RECUPERA, TODA ESA MATERIA PRIMA EXTRAÍDA PARA FACELA DESAPARECER EN SEGUNDOS... bum.

Canto combustible e petróleo non se leva consumido nas guerras que abastecería de calefacción e movilidade a millóns de persoas. Pero non. "ESTO ME LO APARTAS QUE ES PARA LA GUERRA". Logo chega o "crak" financieiro e alguén se forra.

Baldeiran a Terra, a nai que os pariu, para nada. Toda esa riqueza,para nada. Todas esas balas acabarán en peitos e cabezas e a fábrica da locura humana segue.

(hoxe vin na tele a uns que se entrenan nun deserto para ir a Marte, con escafandra e todo; con traxes e osíxeno e botas e mostras recollidas que máis tarde perdeu a empresa de "paquetería" encargada do seu traslado a laboratorios), miro para eles e sigo vendo a seres que brincan a sua inmadurez pagada por estados que máis tarde facerán a guerra en Marte ou en Plutón. Alá onde vaia o ser humano borracho de codicia. A guerra é codicia. Acaso imos ser millores en Marte?

As guerras so deixan fame, dolor, destrución e contaminación climática. Tanta bomba sobre as casas feitas con formigón extraído das canteiras que haberá que volver a extraer para a reconstrución e así unha e outra vez ata o infinito. Tirar a materia prima como se sobrara.

Vietnan ben vale un pouco de Napalm, gasolina en xel... como o da ducha.

Animales mortos, bosques e mares arrasados, extracción de materia prima sen dor, esgotamento dos recursos vitais... sangue, sudor e bágoas. Iso é todo SOLDADO. Un home cando se pon un uniforme deixa de ser home para trocarse en soldado, un ninguén. Carne prescindible. BASTA XA!!

  • Nando Lestón, Artista, pintor e escultor que vive en Carnota. 

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

NOVAS RELACIONADAS

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios