Sábado. 04.05.2024
El tiempo

FSF: O Fisober mira ao ceo

  • Intensa experiencia do cadro sénior masculino xogando dous partidos nunha semana no Centro Penintenciario de Teixeiro
Xogadoras do Fisober
FSF: O Fisober mira ao ceo

Non fallou o Fisober na súa visita o pasado sábado ao Pavillón Anexo Paco Chao do Carballiño. O cadro costeiro é consciente de que non pode errar se quere manter o liderato e afronta cada un dos partidos que queda como unha auténtica final.

As costeiras afrontan as últimas 4 xornadas (3 na casa) con 3 puntos de vantaxe sobre o Vilalba. A vindeira xornada chega a Dumbría o sempre perigoso Cidade de Pontevedra.

LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE GALICIA, XORNADA 26

  • Resultado: CARBALLIÑO FS GRI CARBALLIÑO - FISOBER FSF (0-4).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea; tamén xogaron: Ana, Adriana, Nai, Saray, Myre.
  • Goles: 0-1 min 2 Andrea, 0-2 min 6 Paula Fandiño, 0-3 min 8 Adriana; (descanso) , 0-4 min 21 Andrea.

Xogadoras do Fisober celebrando un gol

Saíron moi concentradas as xogadoras de Fran Toba e así o amosaron de saída xa que no minuto dous Andrea abría o marcador para as costeiras. O gol deu un pouso de tranquilidade ó Fisober para manexar o partido. No minuto seis Paula Fandiño facía o segundo e no oito Adriana facía un cero a tres tranquilizador. As locais a pesares do resultado quixeron facer o seu traballo e poñer a proba a Sharay ó igual co conxunto costeiro quería aumentar a diferenza. Pero o resultado xa non se alterou nesta primeira metade.

Despois do tempo de lecer a volta dos vestiarios ó Fisober voltou a saír igual de concentrado e así foi Andrea a que novamente marcaba para as visitantes, poñendo un cero a catro que finalmente foi definitivo. As locais arriscaron co xogo de cinco na busca de recurtar diferenzas, pero nin elas, nin o Fisober a contra marcaron, tendo boas ocasións ambos. Aínda así tanto un conxunto coma outro buscaron o gol con insistencia pero sen resultado, chegándose así ó final do partido.

Os sénior, na prisión de Teixeiro

Fisober na prision de Texeiro
Os sénior no aparcamento do Centro Penitenciario

Experiencia singular a que vive estas semanas o cadro do Fisober na Copa de Primeira Autonómica senior Masculino. Os costeiros xogan as semis do torneo fronte ó Victoria CF, que teñen sede no Centro Penitenciario de Teixeiro. Así que os partidos se teñen que celebrar no seu pavillón ao ser antes persoas privadas de liberdae.

O Fisober venceu 6-4 (formaron: Victor, Iago, Javi, Álex, Carlos; tamén xogaron: Adan, Mario,Suso, Adrián, Alberto Catalán, Juan Emilio, Edgar) e xa preparan a volta para esta fin de semana.

MÁIS CRÓNICAS DO FSF.

CLASIFICACIÓN DA PREFERENTE FEMININA

OUTRAS NOVAS DO FUTFEM

Comentarios