Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Os Veteranos afrontan a final da Promoción de Ascenso pensando xa na Copa

Veteranos do Mazaricos 23-24
Veteranos do Mazaricos tras vencer a semifinal da promoción de ascenso
Os Veteranos afrontan a final da Promoción de Ascenso pensando xa na Copa

Recta final para os Veteranos da Costa, que afrontan a Copa da Costa mentres se disputa a fase de ascenso.

Promoción

O Buño eliminou ao Fisterra gracias a un gran prtido de ida en Xaviña, mentres o Mazaricos tivo que tirar dos penaltis para eliminar ao Malpica. De tolos o partido en Pedra Queimada, pois o gol do empate do cadro amarelo foi conseguido por Aldo no m.92.

Agora, este domingo, ás 11:15, o campo da Picota acolle a gran final da fase de ascenso á División de Honra, entre os amarelos e os oleiros. Só pode quedar un!

Derbis de Copa

Celebrouse onte o sorteo da Copa da Costa de Veteranos. Un cadro que deixa cousas moi interesantes, como unha primeira rolda cun choque de trens: o San Ramón, actual campión da D.H. e At. Carballo, que vén de conseguir o título impolito de 1ª Div. na súa primiera temporada de irrupción no fútbol veterano.

Todos os cadros da Copa en www.copadacosta.com

Máis novas

Comentarios