Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Piden por rexistro mudar o nome de Praza da Constitución polo de Praza Desiderio Paz Figueroa, Don Emerito

  • O BNG de Fisterra secunda a petición.
Rosario Dominguez e MOdesto Fraga presentando escrito por rexistro para Praza Don Emerito
Rosario Domínguez e Modesto Fraga presentando escrito por rexistro para Praza Don Emerito
Piden por rexistro mudar o nome de Praza da Constitución polo de Praza Desiderio Paz Figueroa, Don Emerito

Xa o fixo público nas presentacións do libro "Don Emerito", pero onte Modesto Fraga, acompañado pola afillada de Don Emerito, Rosario Domínguez Rivera, aproveitando o Día do Libro, quixo deixar por rexistro a petición para que o concello de Fisterra inicie o expediente para mudar o nome de Praza da Constitución polo de Praza Desiderio Paz Figueroa, Don Emerito.

Trátase dunha reivincación histórica, de darlle o seu nome dun punto estratéxico da vila, o corazón cultural. O escrito lembran argumentos como que foi o creador da Banda de Música hai xusto 100 anos, que foi o impulsor do Entroido (primeiro coa creación da comparsa “Los Atrónomos”, en 1914, e, posteriormente, “Los Diablos”, en 1917, sendo considerado o Pai do Entroido fisterrán); ademais de todas as súas creacións en diversas artes, mesmo na posta en valor da Semana Santa fisterrá.

Lembra Modesto no seu escrito, que "o seu compromiso co pobo de Fisterra non se limitou soamente a aspectos culturais ou profesionais senón tamén a todo aquilo que atinxe a aspectos fundamentais da vida social como a súa participación activa na fundación da Sociedad Protectora de Hijos de Finisterre (1920), na posta en marcha da Confraría de Pescadores (1923) ou na fundación da Sociedad Centro Recreativo “Casino” desta vila".

O BNG de Fisterra apoia a petición

O BNG de Fisterra vén de amosar o seu apoio a que a Praza da Constitución da vila mude de nome e pase a chamarse Praza de Desiderio Paz Figueroa,
coñecido popularmente como Don Emerito, e subliñan a importancia dunha persoa que durante anos destacou por dinamizar a vida cultural e social de
Fisterra.

Máis novas sobre Don Emerito

Comentarios