O Malpica recorre unha posible aliñación irregular do Lira, o que deixa ao Cerqueda un camiño máis claro pola promoción
A loita pola promoción vén de sufrir un envorco. Xa o empate do Lira ante o Malpica deixaba ao cadro liracho sen depender de si mesmo na batalla co Cerqueda para quedar nesa 6ª praza que dá acceso á promoción. Pero ese punto pode quedar en 0, ou mesmo en -3 se efectivamente o Comité de Competición estima a alegación presentada polo Malpica pola aliñación indebida de Roberto Amoedo.
O xogador-adestrador do cadro liracho recibira a 5ª tarxeta ante o Buño, pero no club liracho non viu o parte de sancións aliñándoo neste partido clave na loita.
Con todo, ollo tamén aos Sporting Zas, que parecía fóra da pelexa, pero se vence a semana que vén ao Cerqueda colocaríase a só 1 punto da promoción a falta de 3 partidos.
Mesmo o propio Malpica métese de novo na loita se o Zas vence ao Cerqueda a semana que vén, pois ademais tenlle gañado o golaveraxe ao cadro zaseiro.