Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Comezaron as obras do aparcamento de Balarés

  • O proxecto ten un prazo de execución de seis meses.
Obras aparcamento Balares
Comezaron as obras do aparcamento de Balarés

Arincaron esta semana as obras, impulsadas pola Deputación da Coruña, do aparcadoiro en Balarés. Unhas obras polémicas, nunha zona de alto valor natural, que permitirán acondicionar un amplo espazo de formigón para rematar cos constantes problemas de tráfico e de aparcamento dos vehículos que ata agora estacionaban nos laterais da vía principal de entrada á praia, ocasionando dificultades nos accesos e problemas de seguridade, especialmente nos meses de verán.

Obras aparcamento Balares 3

As obras consisten nunha "intervención branda, perfectamente integrada no entorno ambiental da zona", segundo sinalan dende a Deputación. O novo aparacadoiro contará con 395 prazas, 4 delas para persoas con mobilidade redudida, viais de 5 metros de ancho e vía principal de acceso de 7 metros. O pavimento estará composto por formigón con ocos recheos de terra sobre os que se dispón céspede. Isto permitirá unha resistencia maior para soportar o peso dos vehículos e, ao mesmo, tempo unha superficie verde cunha permeabilidade do 90%. Usaranse técnicas de drenaxe urbana sostible e disporanse árbores autóctonas no espazo.

Comentarios