Sábado. 04.05.2024
El tiempo

As emprendedoras e empresarias da comarca teñen unha cita este xoves en Vimianzo coa GIRA Mujeres RuralTalks

  • A sesión terá lugar o xoves 25 de abril a partir das 10:30 horas no Castelo de Vimianzo.
  • Está dirixida a mulleres emprendedoras, empresarias rurais, mulleres que busquen motivación e inspiración no mundo rural e organizacións.
Gira Mujeres Talk en Vimianzo
Gira Mujeres Talk en Vimianzo
As emprendedoras e empresarias da comarca teñen unha cita este xoves en Vimianzo coa GIRA Mujeres RuralTalks

O Castelo de Vimianzo acollerá este xoves 25 de abril a primeira das catro paradas do programa GIRA Mujeres RuralTALKS, unha iniciativa de formación e capacitación para o emprendemento feminino impulsado por Coca-Cola en España.

As portas deste emblemático lugar abriranse a partir das 10:30 horas para comezar a recibir ás participantes nesta sesión, que está dirixida a mulleres emprendedoras, empresarias rurais, mulleres que busquen motivación e inspiración no mundo rural e organizacións que impulsen o emprendemento feminino rural.

Ás 11:00 horas haberá unha pequena benvida e introdución ao evento por parte da entidade impulsora, Coca-Cola. Conce Macías, directora de Proxectos en AlmaNatura, será a primeira poñente da sesión. Baixo o título ‘Moldes innovadores para inspirar negocios rurales’, fará unha breve exposición sobre conceptos relativos á innovación nun contexto rural.

Ás 11:30 horas será a quenda de Rosa Ana García, deputada de Emprego, Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego na Xunta de Galicia e Patricia Vaquero, fundadora de Nós Igualdade, consultora especializada en proxectos de igualdade de xénero. Nesta ocasión, o panel será sobre ‘Recursos para Mujeres Emprendedoras Rurales’, onde falarán sobre as oportunidades e desafíos para as mulleres rurais emprendedoras. Ademais, tamén compartirán coas asistentes os recursos e programas de apoio dispoñibles en Galicia.

Podes inscribirte neste formulario.

PROGRAMA

  • 10:30 a 11:00 h. Apertura de portas e recepción de participantes
  • 11:00 a 11:15 h. Benvida RuralTALKS
  • 11:15 a 11:30 h. Sesión: "Moldes Innovadores para inspirar negocios rurais"
  • 11:30 a 11:45 h. Panel "Recursos para Mulleres Emprendedoras Rurais"
  • 45 a 12:05 h. Panel "Emprendedoras Referentes rurales"
  • 05 a 12:25 h. Dinámica "Rede de Contactos"
  • 12:25 a 12:30 h. Peche e Agradecimentos
  • 12:45 a 13:30 h. Visita aos artesáns do Castelo
  • 13:30 a 14:30 h. Degustación de sabores locais
  • 15:00 a 16:30 h. Recorrido Histórico por Vimianzo

Comentarios